A Semana Santa é para os cristiáns a máis importante entre todas as semanas do ano, santificada polos acontecementos que conmemoramos na liturxia: a paixón, a morte e a resurrección de Cristo, unha semana consagrada a Deus dun xeito moi especial. Nada mellor para vivila con intensidade que a invitación que, con motivo do Ano da Fe, nos fai o Santo Pai Benedicto XVI:
“Desexamos que este ano suscite en todo crente a aspiración a confesar a fe con plenitude e renovada convicción, con confianza e esperanza. Será tamén unha ocasión propicia para intensificar a celebración da fe na liturxia, e de modo particular na Eucaristía, que é «o cume ao que tende a acción da Igrexa e tamén a fonte de onde mana toda a súa forza».
Ao mesmo tempo, esperamos que o testemuño de vida dos crentes sexa cada vez máis crible. Redescubrir os contidos da fe profesada, celebrada, vivida e rezada, e reflexionar sobre o mesmo acto co que se cre, é un compromiso que todo crente debe de facer propio, sobre todo neste ano”. (Benedicto XVI, Porta fidei, n. 9).
Coa miña oración ao Señor e á nosa Nai Santísima, para que esta Semana Santa sexa unha ocasión para afianzar os lazos familiares e o sentido da nosa fe, vivindo e participando xuntos nos diversos actos cos que celebramos o Misterio fundamental da nosa relixión, o Misterio Pascual.
D. Julián Barrio, Arcebispo de Santiago
Lituxia na Catedral
24 de marzo. Domingo de Ramos
11:30 Praza da Quintana Bendición de Palmas e Ramos
12:00 Catedral. Misa Estacional. Preside Sr. Arcebispo
26 de marzo. Martes Santo
12:00 Catedral. Santa Misa Crismal. Preside Sr. Arcebispo.
Consagración de Santos Óleos e Santo Crisma
28 de marzo. Xoves Santo
12:00 Catedral. Celebración comunitaria da Penitencia
18:00 Santa Misa da Cea do Señor. Preside Sr. Arcebispo
29 de marzo. Venres Santo
11:00 Praza da Quintana. Sermón do Santo Encontro
12:00 Catedral. Celebración comunitaria da Penitencia
12:00 Capela das Ánimas. Sermón das Sete Palabras
17:00 San Francisco. Desencravo
18:00 Catedral. Celebración Litúrxica da Paixón. Preside Sr. Arcebispo
30 de marzo. Sábado Santo
12:00 Catedral. Celebración do Oficio de Lecturas
18:00 Catedral. Sermón da Soidade e Viacrucis
22:00 Catedral. Solemne Vixilia Pascual. Preside Sr. Arcebispo
31 de marzo. Domingo de Pascua
11:30 Catedral. Procesión con Chirimías e Botafumeiro
12:00 Catedral. Misa Estacional. Preside Sr. Arcebispo
Con Bendición Apostólica, concedendo “indulxencia plenaria”